Contestación aos socialistas cesureños sobre as obras do Plan E.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Adiantando que o goberno local non inaugurou obra algunha, quero puntualizar o seguinte:

1. Con satisfacción recibimos as impresións practicamente unánimes de veciños que consideran que a obra realizada na Plazuela quedou realmente ben e que era moi necesaria polo estado de deterioro que presentaba.
2. Penso que o novo alumeado público da Plazuela, por certo colocado en función do convenio Deputación de Pontevedra-Concello de Pontecesures e non polo plan E, é suficiente. En breve será substituída a farola danada por maquinaria da adxudicataria ao realizar a obra.
3. Tamén en breve será colocada a caixa co cadro eléctrico na Plazuela. Quedou soterrrado o cable e agora, nunha actuación allea a obra do plan E, un instalador eléctrico colocará o novo cadro con todas as garantías.
4. Colocáronse xa as catro novas papeleiras. As xardiñeiras, tres, serán colocados en canto estean pintadas polos obreiros municipais nos lugares onde estaban. Por certo, tamén vaise recuperar na zona a fonte de San Lázaro (pasouse unha tubaría soterrada pola Plazuela) e vanse colocar xardiñeiras novas no adro da Igrexa que está enriba da praza.
5. ? certo que está a presentar problemas o rebaixe para o paso de peóns e houbo algunha que outra caída por despistes. Imos ver cos técnicos cal é a solución a adoptar.
6. En canto as outras obras do Plan E, temos que dicir, que nos vindeiros días serán retiradas as casetas de obra das beirarrúa da rúa San Lois, e que en canto veña bo tempo será botado o asfalto nas gabias onde está colocado formigón. Tamén dicimos que nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García, quedan o triple de sumideiros dos que tiña antes, aínda que pode facerse algún máis de seren necesario.
7. Sobre as necesidades que expoñen os socialistas hai que dicir que practicamente nos relatan o relación de lugares do municipio sen máis concreción. Naturalmente todas as obras son necesarias e o concello xa ten previsto varias no plan da Deputación e noutros plans (na Fontaiña, nas rúas Patifas, San Lois, Otero Acevedo, Novo Núñez, Carlos Maside, na Toxa, en San Xulián, en Infesta, en Grobas, en Carreiras, etc..) como foi anunciado oportunamente.
8. Por último, hai que dicir que este goberno fixo notables investimentos en materia de saneamentos. En concreto a zona do Telleiro foi moi mellorada conducindo, no posible, as augas a unha depuradora que por fin funciona. Agora ben quedan deficiencias: as augas fecais veñen en moitos casos mesturadas coas pluviais e precísase un saneamento integral para liberar os regatos que temos das augas fecais que verten neles dende hai tantos anos. E neste tema esperemos que Augas de Galicia acometa estas actuacións para o estricto cumprimento da Lei de calidade das augas das rías galegas.

Pontecesures, 2 de xaneiro de 2010

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais


3 comentarios

vladimir o pequeno · 2-01-2010 a las 17:34

coello que se move, tiro que lle espeta…se foi «Roque I o novo» o que tanto escribiu, deixeo respirar un pouco.. non ve que aínda é novo e él disfruta con estas cousas, a non ser que lle axudara na redasión o responsable de política munisipal, éste sí que ten peeeelijro, e ademáis está afectado do mesmo mal que o de Tarajoña, viven noutros concellos pero queren jobernar no seu de orixe…¿?

pontecesurex · 2-01-2010 a las 19:53

Tamen se lle deberia de vota un ollo as calles que non son a principal, pois na calle Estacion non se gastou un santo peso, eu comprendo que primeiro se faga o que mais luce e tal, pero e que polas cercanias da cerveceria Bannof a carretera ta de verdadeira pena, supoño que a deixades asi para esto dos accidentes e tal, porque por ali como pases a mais de 5Km/h desfalo coche.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-01-2010 a las 00:34

Si «pontecesurex», parte desa zona está en terra. Pero é que ten que pavimentar a constructora do edificio que hay fronte a antiga zona de carga da estación do ferrocarril. Ten a obriga de ceder e de urbanizar. Ata o de agora fixo as beirarrúas e instalou o alumeado (moi ben por certo). Falta o pavimento da calzada e retirar o poste de Unión Fenosa. De tódolos xeitos penso que hai espazo alí para facer unha pequena praza no futuro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.