David Meca fará o Camiño de Santiago a nado dende Vilagarcía ata Cesures

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

DM

David Meca amosa o camiño que vai a facer a nado no acto de presentación do desafío.

O Campión do Mundo de Natación e experto en desafíos case imposibles, David Meca, presentou onte en Madrid o Reto Xacobeo 2010, que previsiblemente realizará o vindeiro martes 5 de xaneiro e durante o que se converterá no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a Nado. Durante a rolda de prensa, David Meca, acompañado polo director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón ?nega, explicou todos os detalles da que será unha travesía de grande espectacularidade e enorme simbolismo, xa que permitirá rememorar a Ruta Marítimo-Fluvial do Camiño de Santiago, percorrendo parte da Ría de Arousa e remontando o Río Ulla.

Vilagarcía de Arousa será o punto de partida desta emblemática fazaña dende onde percorrerá a Ría de Arousa, pasando por diversas poboacións de interese histórico-cultural e paraxes de gran beleza natural. Percorrendo o final da Ría e seguindo o Vía Crucis Marítimo Xacobeo, pasará polas Torres do Oeste en Catoira, para remontar o Río Ulla ata Pontecesures onde se marcará o final do reto. Ao día seguinte, como un peregrino de excepción, David Meca visitará a Catedral de Santiago de Compostela seguindo as tradicións orais e os textos medievais.

O novo desafío de Meca destaca polas súas duras condicións dominadas polas baixas temperaturas que rexistran as augas nesta época do ano (de entre 8 e 12 graos), as fortes correntes na zona, especialmente a corrente en contra ao remontar o río, así como a ondada e o vento que poderían complicar o desenrolo deste desafío.

Esta simbólica travesía conmemora a chegada a Galicia do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, logo do seu martirio en Jerusalén, no ano 44. Os restos do Apóstolo entraron en Galicia pola Ría de Arousa e remontaron o Río Ulla. O texto máis coñecido que narra a ??Traslatio? do corpo apostólico dende Jaffa a Iria e dende alí ao seu lugar de enterramento, en Compostela.

DIARIO DE AROUSA, 03/01/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.