Un experto en grandes travesías.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

David Meca é un grande experto en grandes travesías a nado. Uniu Gomera e Tenerife, posteriormente Tenerife e Gran Canaria. No ano 2006 uniu o territorio peninsular coas Illas Baleares, dende Javea a Eibissa. Ademais, é o único nadador na historia que por dúas veces consecutivas bixou de oito horas na trevasía ao Canle da Mancha, sendo as súas marcas a segunda e terceira mellores de todos os tempos. No seu último desafío, en xulio de 2008, conseguiu un dobre récord do mundo durante a mesma travesía ao converterse no primeiro home en cruzar por tres veces consecutivas o Estreito de Xibraltar e bater a marca no cruzamento de ida e volta en tan só 7 horas e 18 minutos.

DIARIO DE AROUSA, 03/01/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.