ENFRONTAMENTO ABSURDO(PARA SABARIZ E SOBREIRAS)

Publicado por cockydaponte en


Esta foto debe ter ó redor de 40-45 anos. Tendes razón tanto un coma o outro. Non sei onde andarías nese tempo Sabariz, e aínda que eu non nacera, segundo me contan na PONTE, a ruta sempre viña ó noso lado, como se demostra nesa foto: viñan as autoridades da marina, bispos, alcaldes…etc. Non sei que interese vos ten decir que sempre foi o lado de San Lois ata que puxeron o pantalán na Ponte. Penso que sabedes de sobra que a xente da Ponte sempre tirou máis para ahí que para Padrón, e tamén creo que está de máis decir que o porto é de todos. Outra cousa é o pasotismo das autoridades de cada concello, que polo menos na banda que nos toca, téñeno desfeito e non fan nada por arranxalo. Onte non fun por alí, pero supoño que ante tal acontecemento(o do mechas este) o limparían un pouco…..ou ó mellor, nin eso.
En canto ó comentario que fixen e que parece que lle sentou mal ó sobreiras…o único que pretendía indicar era que coa corrente que baixaba estes días vía moi dificil que o conseguise. Eso sí, si xa saíu bastante na prensa o nome de Pontecesures…imaxinádevos que ó chegar a catoira ou a isorna quede atrapado no fango…


2 comentarios

cockydaponte · 5-01-2010 a las 10:52

E seguindo co enfrontamento, ahí tendes, atrevédevos a levarlle a contraria ó Tenente de Alcalde de Padrón:

http://www.tierrasdesantiago.com/index_3.php?idMenu=323&idNoticia=502709

Luis Angel Sabariz Rolán · 5-01-2010 a las 11:05

O primeiro remonte foi en 1.965 e, efectivamente, o barco das autoridades foi a Padrón (posiblemente a foto sexa desa edición). Estiveron Fraga coma Ministro de Información e Turismo e o cardenal Quiroga Palacios. Foron 175 barcos que atracaron en Padrón e Pontecesures. Por certo, eu, que son de Vilagarcía, viña nun barco, pero claro, tiña 8 anos. Nin idea do asunto dos desembarcos e por iso me documentei.
Ata 1978 non houbo a segunda edición, que continúa ata este ano ininterrumpidamente. Os barcos ían as dúas marxes. Houbo de todo, pero en xeral o barco das autoridades ía a Padrón, por razóns da tradición xacobea, e os outros a Pontecesures. Porén, por exemplo, en 1991 o barco das autoridades quedou no peirao cesureño. Lémbrome ben, porque viñan os reis de España.
Tampouco debemos armar unha guerra por isto. O bo «cockidaponte» é que haxa debate.
Un saúdo a todos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.