Padrón e o xacobeo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Días atrás a peculiar peregrinaxe que o campión mundial de natación David Meca fixo a nado dende a ría de Arousa polo Ulla ata Cesures, causou sorpresa entre os padroneses que consideraron que xa por descoñecemento do protagonista ou dos propios organizadores de tal evento dentro do Xacobeo, non rematara o seu percorrido en Padrón, no río Sar, onde estivo o primitivo porto iriense do Murgadán, verdadeiro fin da ruta por ser onde arribou a barca cos restos do Apóstolo Santiago.

E máis sorprendeu porque veu a sumarse a outras actitudes dos organizadores do Xacobeo que obvian a Padrón en informacións e demais. Ninguén entende este comportamento. Coma que aínda non se teña dotado a Padrón de un segundo albergue de peregrinos que tanto se necesita e se ten reclamado.

Por iso comezado xa 2010 resulta incomprensible que aínda quede quenes olvidando â??ou querendo olvidar sen comprender o por quéâ?? a Padrón niste tema do Xacobeo veñen obviando o indiscutible protagonismo que como verdadeira cuna do mesmo lle corresponde omitindo o nome e a menor referencia en informacións e contidos publicitarios ou de actividades como a de Meca.

Padrón é vila santiaguista e xacobea por propio dereito. No santuario do Monte predicou segundo nos enseña a tradición o Apóstolo Santiago; ao Pedrón foi amarrada a barca máis tarde cos seus restos mortais. Os padroneses na súa honra celebran a Traslatio e o teñen como Patrono da vila da capital do Sar…

Pois a pesar disto mais vémonos na obriga de insistir e dar un toque mais de atención en que non se pode deixar de lado, como está a suceder por parte de quenes están ao fronte do Xacobeo 2010, unhas terras coma as de Padrón e Iria Flavia, santiaguistas e xacobeas por encima de todo.

Pero o mais curioso ven a ser que tal actitude e comportamento tamén atinxe a Santiago. � dicir, que son precisamente os dous puntos más importantes e salientables do evento xacobeo ós que se pretende deixar no silenzo e a escuridade e neste senso se multiplican as críticas pero ao que parece tampouco Santiago nas suas comprensibles reivindicacións se acorda de citar a Padrón.

Máis que incomprensible,verdadeiramente absurdo nos parece todo isto que está a acontercer. En fín, vivir para ver…

Por José Castro Cajaraville. Cronista de Padrón

TIERRAS DE SANTIAGO, 26/01/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.