Cambios en Pontecesures.net

Publicado por Antonio Cortés en

Na actualidade temos xa, en pontecesures.net, 8.280 Entradas, cun total de 11.320 Comentarios.

Para poder organizar a percura de información dentro da web acabamos de activar un novo sistema de «auto etiquetado» polo que, á hora de amosar as entradas, aparecen agora ligazóns sobre diferentes termos, que nos permite ver todo o publicado con ese termo ou palabra clave.

� unha forma moi útil (ainda en probas) de atopar información relativa á entrada que estamos a ver.

Só é unha forma de manter fresca e con facilidade de acceso todo o contido aquí dispoñible.

Categorías: Sin Categoria

7 comentarios

Xanma - Porto do Son · 2-02-2010 a las 20:27

Soeo visitar este sitio case todos os dias do ano!!!, Grazas aos responsables da web por contar todas as novas que ocorren en Pontecesures todos dias, quen lle derá ao sitio onde eu vivo ter un páxina coma esta!!!…un saúdo Juan Manuel.

vladimir o pequeno · 6-02-2010 a las 08:56

!o acceso e a manexabilidade da páxina ralentizada como nunca!(contrastado, equipos distintos e velocidades máximas) ¿que hiciste?

Antonio Cortés · 6-02-2010 a las 10:01

A velocidade da páxina, e a mesma ou millor que antes. Pero ocurre o seguinte:

Paso 1: Recepción da páxina: do servidor ó navegador (mesma ou millor velocidade)

Paso 2: «Renderizado» no navegador: O navegador procesa o contido (xa recibido) e «dibuxa» a páxina.

Neste paso 2, engadiuse unha nova forma de amosar determinados textos, o que supón máis carga de «renderizado», de ahí a impresión de lentitude.

Acabo de quitar o sistema de cambio de letras (cufon). ¿ Notas o cambio ?.

vladimir o pequeno · 6-02-2010 a las 15:16

Dito e feito,nunca o dubidei,hoxe «ratificaste» unha vez máis, ¡OK! (perfecto) pareceme ben que lle quitaras o cufon, ¡auguri per te! from «Gabino Square» Ciao.

    Antonio Cortés · 6-02-2010 a las 17:15

    Acabo de facer outro «pequeno», cambio de deseño (aproveitando un pouco máis o ancho da web). Espero que vaia ben este cambio.

    P.D.: Agora podense poñer comentarios en resposta a outros comentarios, de forma que si alguén resposta a un comentario en concreto este amósase seguindo a conversa.

    Só hai que pulsar en «responder» en calquera comentario para respostar a ese comentario dentro da entrada.

Cara de cona · 6-02-2010 a las 18:04

Ben cortés ben…..gracias por aturarnos….aínda por riba pidenche a perfección…..bastante fas…temos a mellor paxina informativa da comarca….campeon…..cando volvas a cesures vas alucinar…..a rúa Diputación donde vives vanna arrombar a fondo….cousa da deputación…..espjeremos que non tarde tanto como o wifi de randulfo…jo…jo…jo…

Antonio Cortés · 24-02-2010 a las 23:09

Estos días cambiei a configuración de Pontecesures.net, e coido que xa non é posible facela máis rápida, ca miña conexión a Internet da casa e «instantanea» así que considero que xa pouco podo facer para que sexa máis rápida (dubido que sexa posible).

Actualmente Pontecesures.net está aloxada empregando 3 servidores á vez. Un xestiona a base de datos, outro crea a web, e outro sirve a web ós usuarios (cun sistema de cache).

A conexión do servidor é de 100MB, e os servidores web son nginx.

¿ Como vedes a nova velocidade da web ?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.