Sae á rúa un novo boletín do BNG de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Estase a distribuir nestes días o boletín nº 4, 2ª etapa do BNG de Pontecesures (Febreiro de 2010).
Na primeira folla hai un artigo que dí: «Alcaldesa, PP e tránsfugas néganlle ás persoas maiores o Centro de Día».
Na segunda outro que dí: «Os veciños e veciñas demandan o ancheamento da pista de Grobas e Fenteira». «A alcaldesa négase a considerar unha iniciativa do BNG». «O goberno local considera aos veciños de Grobas e A Fenteira cidadáns e segunda».
Na terceira hai dous artigos. O primeiro se titula, «Desorganización e caos no peirao de Pontecesures», referíndose á chegada a nado de David Meca. O segundo, «De cando Pontecesures optou ao �scar ao Esperpento», sobre o mesmo tema.
Na derradeira folla aparece un artigo sobre o uso galego, «O BNG, en sintonía coa sociedade, pide a retirada do decreto do galego». Tamén unha frase de Guillerme vázquez que dí: «Feijóo é o único agresor ó idioma galego» e outra de Bieito Lobeira que di: «Poden volver tempos de mestres e mestras expedientados».

As referencias aos asuntos municipais son prácticamente unha repetición das notas publicadas polo BNG que se reflicten neste medio.

Vou transcribir o artigo «De cando Pontecesures optou ao �scar ao Esperpento» que aparece na columna «A opinión da nosa xente».

O que todos os veciños e veciñas pensamos que era falla de organización (á que tan habituados nos ten o grupo de goberno) resulta que estaba feito a propósito. Tratábase de facer unha película ao máis puro estilo Buster Keaton. Unha película para esmendrellarse de risa que dese a coñecer ao mundo as magníficas dotes artísticas de Maribel, Sabariz e Randulfe, cuxas actuacións farán merecedores do �scar ao Esperpento.

Escea 1ª. Caos no peirao. O nadador chega totalmente exhausto. A multitude amoréase e, entre a xente, megáfono en man, o ínclito tránsfuga Sabariz: «Paso, paso, que aquí mando eu», dicía. Os sanitarios non daban crédito da desvergoña do individuo que se lanza, cun megáfono atronador, contra o nadador. A que atender? ao concelleiro que se encontaba fóra de sí ou ao nadador?. Os sanitarios empurran ao tránsfuga Sabariz e a duras penas consiguen sacar ao nadador do peirao e levalo en ambulancia.

Escea 2ª. Entra en escea o concelleiro Randulfe. Con determinación manda á ambulancia para o Centro de Saúde de Pontecesures que alí será ben atendido. Cara de satisfacción do concelleiro pola súa rápida e eficaz xestión.

Escea 3ª. Centro do pobo. Nenos e nenas incrédulos e con cara de frío agardan polo desfile de Reis, que non avanza. ¿Que pasa?, din. Son ordes da alcaldesa.

Esea 4ª. Camiño ao centro de saúde. A ambulancia encóntrase de fronte co desfile parado e ten que buscar camiños alternativos para saír do atasco.

Escea 5ª. Por fin!! o Centro de Saúde. A ambulancia, despois de moitas peripecias chega ao Centro de Saúde….esta pechado!. Os veciños e veciñas preguntan…»que fan aquí?». «Mandounos Randulfe», contestaron. Risas do pobo.

Escea final. Randulfe cos ombreiros encollidos diríxese ao respetábel e di «eu non sabía nada…ademais eu tampouco mandei vir a ese home a nado!. Mentres tanto a alcaldesa e demais autoridade locais, acompañados do super mini delegado Sr. Tourís non saben que facer. A alcaldesa ten nas mans o ramo de flores mercado polo concello para agasallar ao nadador. O nadador no centro de saúde de Valga.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.