Certame Intercentros Letras Galegas 2010

Publicado por Antonio Cortés en

A directiva da Anpa do CPI de Pontecesures informa a tódalas familias, sexan ou non socias, de que o vindeiro mes de Maio celebrarase conxuntamente coas Anpas de Baño, Cordeiro, Catoira, e Pontecesures o certame Intercentros Letras Galegas 2010.

Dito certame consiste na presentación , por parte dos nenos de redaccións, poemas ou contos, en galego, sendo o tema libre. Os nenos participantes serán os que cursen actualmente 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Coma sempre os mellores traballos, competirán cos traballos feitos polos nenos dos restantes colexios xa nomeados, ( Baño, Cordeiro e Catoira).

Tamén queriamos informarvos , de que , como este ano somos anfitrións, no noso colexio, ademais, faremos a maiores un concurso de debuxo, para os nenos do ciclo de infantil ( 4º, 5º e 6º) e o primeiro ciclo de primaria (1º e 2º), co tema ??Cesures no Camiño?, no que os materiais son libres, ceras, pintura, plastilina, barro , etc..,e tamén que, para os nenos da ESO, faremos un concurso de carteis, co tema ??Certame Intercentros Letras Galegas 2010?, no que poderase facer un debuxo, collage, ou empregar novas tecnoloxías. O cartel gañador será o empregado para presentar dito certame.

Ditos traballos faranse no colexio, coa axuda dos mestres. Polo que , aproveitando estas liñas, agradecer aos mestres e directores, a súa colaboración desinteresada cos nosos nenos e coa cultura e a lingua Galega, tamén queremos dende esta páxina facer un chamamento aos nosos nenos, para que participen no certame.

Proximamente daremos conta do acontecido neste certame, e despedímonos convidando a todos/as, no vindeiro mes de Maio o acto de entrega de premios, que terá lugar en Pontecesures , do que xa informaremos detalladamente.

A directiva da Anpa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.