Vólvense a lucir

Publicado por bngpontecesures en

Relegan a festa da lamprea do Ulla a despois da tempada de extración por decisión da empresa de Vigo Eventos del Motor

O BNG de Pontecesures quere manifestar a súa oposición as datas elixidas polo goberno municipal para a celebración da Festa da Lamprea os vindeiros 17 e 18 de abril.

Ao noso entender estas datas son un auténtico despropósito xa que a data tope de captura de lamprea no río Ulla é o 15 de abril. Preguntámonos pois de donde van vir as lampreas e que sentido ten promocionar un producto despois do peche da temporada de pesca do mesmo. Está claro que este desgoberno da Alcaldesa Maribel Castro pretende comprar a lamprea aos mesmos intermediarios de sempre recaendo o beneficio nos seus apoios electorais, perxudicando e non apoiando ao colectivo de valeiros que capturan a lamprea no Ulla.

Por outra banda, a Festa da Lamprea faise coincidir no calendario ca Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión; esa feira que inventou o desgoberno municipal para perxudicar á Fegaclassic promovida por xente do pobo. Esto obviamente deixa nun segundo plano a Festa da Lamprea quedando marxinada e supeditada á celebración de outro evento.

O BNG ten coñecemento de que a data elixida foi imposta pola empresa Eventos del Motor (de Vigo) ,que é quen organiza a Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, quedando unha vez máis o desgoberno municipal e a Alcaldesa como auténticos incompetentes que deixan o promoción turística do noso pobo en mans dunha empresa privada que so busca o beneficio propio.

Pontecesures a 17 de marzo de 2010
Grupo Municipal do BNG de Pontecesures


2 comentarios

vladimir o pequeno · 18-03-2010 a las 23:05

E claro, o: be ene gue (BNG) que é tan «patriota» sae con esta noticia en todolos putos medios de prensa que hai, pra foder non só «ó desgoberno de maribel» senon tamén ó desgraciado pobo. Angueira «estás fuchicado tío» … ¡opérate! … Alvarez, dis: «ós mesmos intermediarios de sempre».. é dicir aos que tí tamén lle comprabas logo? Na intención do BNG está desacreditar ó goberno de Maribel, por un lado paréceme ben, pero por outro NON, porque desacreditas ao POBO, e éste está por riba de todo, VAITE PRA RIANXO ¡ hostia!, apresenta alí unha candidatura, andas coma unha denosiña no NAUTICO, ¿que pretendes? escomenzar a campaña electoral de 2011 sementando nos rapaces que van entrenar…?

Tiroliro II · 20-03-2010 a las 18:06

Sigue o bloque emperrado no dos coches defendendo a asociacion dos dentes, non hai nada que facer agora, como non ganen as eleccions os do bng…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.