A primavera chega con festa ó auditorio de Valga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xa é primavera en Valga. Foi a excusa perfecta para celebrar unha gran festa de benvida á nova estación, o pasado xoves, no Auditorio de Cordeiro. Preto dun cento de cativos acudiron á cita disfrazadas con traxes que lembran o tempo das flores.
Boloboretas, fadas, xoaniñas…O catálogo era amplo, así que o xurado non o tivo nada doado para elixir o rei e a raíña da primavera, cargos que recaeron en Darvin Vidal e Alejandra Bandín Gómez, alumnos de infantil do colexio de Baño. Ela foi vestida de bolboreta e el con características florais. «Todos tiñan que asistir con motivos primaverais, aínda que os raxes foron feitos por eles mesmos nas actividades extraescolares», subliñou Begoña Piñeiro, responsable do Auditorio. «O zapateiro de Valga», foi a obra representada polos cativos, que tamén desenvolveron varias coreografías antes e rematar a festa cunha saborosa merenda saudable, na que non faltaron o pan con queixo nin as froitas.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 24/03/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.