Pequeno incendio nun ático, na noite do venres 16 ao sábado 17 de abril, en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sobre ás 00:15 horas do sábado 17 de abril, declarouse un incendio nun ático do edificio situado na rúa Redondo 64 de Pontecesures que foi advertido por un veciño do propio edificio ao decatarse da gran cantidade de fume que saía do inmoble. Participaron na extinción voluntarios de Protección Civil de Pontecesures colaborando tamén os voluntarios de Valga.
Os voluntarios entraron no ático por unha ventá dende a terraza e lograron apagar o lume, que procedía dun deshumidificador, con extintores. Os danos non forn moi elevados.
Protección Civil de Pontecesures agradece a colaboración dos voluntarios de Valga na extinción do incendio.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.