Roubo no pavillón municipal de Pontecesures.
Na noite pasado persoa ou persoas desoñecidas rozaron unha porta traseira que se colocou no ximnasio que está a construir o obradoiro de emprego «Pontecesures II» e a través desta nova edificación entraron no pavillón forzando outra porta de acceso. Destrozaron a máquina de bebidas no hall da instalación, levando os cartos, as bebidas e outros productos comestibles. Tamén entraron noutras dependencias do pavillón e se está a comprobar se falta material deportiva ou doutro tipo. Os ladróns sairon pola porta principal do recinto.
A Garda Civil xa fixo a inspección ocular e estanse a avaliar os danos causados para unir a correspondente denuncia.
0 comentarios