Roxa e Marela fuxiron do público.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Roxa e Marela, os dous exemplares de rubia galega do Ferreiro de Senín, chegaron tarde á súa cita coa sementeira en Cordeiro. Non tiñan moitas gañas de abrir regos na finca coñecida como Porranllo ­este ano deixouse descansar ao Pradiño­. Fixeron o amago, pero ante tanto público que as agardaba con ansia ­especialmente os rapaces, entre os que algún preguntaba ??¿pódese subir enriba dunha vaca??­, fuxiron escopeteadas cara a parcela do lado e o seu dono tivo que abortar a misión ante o risco de que o enfado dos animais fose en aumento. ??Están un pouco nerviosas?, explicaba o Ferreiro de Senín, ??ao ver tanta xente aquí puxéronse un pouco ariscas?. Ademais, non están acostumadas a traballar e, para máis, a Marela era a primeira vez que participaba na sementeira. ??Están afeitas a andar pola leira adiante sen que lles moleste ninguén?, engadía o Ferreiro. Aínda que unha muller atopaba outra explicación á ??espantada? das reses: ??Ás vacas pásalles o mesmo que á xente, que ao non traballar collen moito vicio?.
Este pequeno inconvinte non impideu, nin moito menos, que o trigo se prantase. ?nicamente obrigou aos membros da asociación de maiores ??Axentiva? a facer un esforzo un pouco maior para botar primeiro a semente ­seguindo as ponlas de salgueiro que facían de guías­ e logo tapala con terra axudados de sachos. Entre estes ??mestres? das tradicións agrarias de Valga atopábase, un ano máis, Pepe ??O Rato?, que aos seus 92 anos ­o día 2 de decembro cumprirá 93­ acudiu con legoña e todo. ??Moita legoña e pouco home?, ironizaba antes de comezar a tarefa, cando os corpos non entraran en calor e aínda se sentía o frío da mañá de Ferreirós.

O traballo dos maiores foi seguido, máis atentamente por uns que por otros, polos arredor de 120 rapaces dos colegios Xesús Ferro Couselo de Cordeiro, o de Baño, e Agro do Muíño, do municipio de Ames, que desprazou ata Valga a uns corenta alumnos de quinto curso de Primaria. Na malla do ano pasado xa participaran un grupo de estudantes deste mesmo centro, pero de sexto, e a intención é que ano tras ano poidan presenciar as distintas fases do proceso do trigo. ??Moitos dos nenos son de cidade e non saben nada? sobre estas tradicións, explicaba a mestra María Dolores Carracedo, que engade que nos últimos días lles explicaron no colexio en que consiste a sementeira. Iso sí, os rapaces sabían perfectamente o que lles interesaba: ??están ilusionados con ver as vacas?.

E como xa é costume nestes Encontros Interxeracionais de Valga, non faltou a ambientación, que de novo estivo comandada polas pandereteiras máis veteranas de Moldes, as irmáns Maruja e Olga Tarrío, que interpretaron coplas que dicían ??Fía, fía, tamén fío eu? ou ??Véndeme os bois, véndeme as vacas?. Dende que tiñan quince anos levan tocando a pandereta e onte tiveron a compaña de Esther Gómez Barreiro, veciña de Ferreirós, un pouco máis novata na arte de tocar este instrumento tan tradicional de Galicia. ??Eu aprendín hai pouco?, recoñecía. O relevo para estas pandereteiras parece que está asegurado coas integrantes do grupo da ANPA do colexio Ferro Couselo, que tamén contribuíron coa súa música á sementeira.

O traballo da mañá deixou a máis de un escaso de forzas, pero nada mellor que unha boa merenda para repoñelas antes de voltar para a casa ou o colexio, segundo o caso. Pan de trigo e de millo, queixo, chourizos, sardiñas e viño do país fixeron as delicias de todos e foi o mellor xeito de dar por rematada esta nova sementeira. Agora só queda agardar a que o trigo medre con forza para recollelo aló polos meses de xuño ou xullo. Mentras tanto, o espantallo Pepe, creación dos integrantes da asociación de discapacitados ??Asmivalu?, velará por el e fará fuxir aos paxaros que ameacen con estragalo. A ver se corre mellor sorte que o boneco espetado o ano pasado no Pradiño, que foi vítima dunha trasnada de San Xoán e, dende aquela noite, non se volveu saber nada máis del.

DIARIO DE AROUSA, 27/11/10


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.