Gran asistencia ao desfile de disfraces no Entroido de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

De gran éxito de participación pode cualificarse o desfile e o concurso deste ano. Houbo máis de 250 personas disfrazadas e moitísimo público. Animou o dúo Caché de Valga.

Estes foron os gañadores:

CATIVOS 0 ?? 3 ANOS

INDIVIDUAL:

3º – FORESTAL
2º – PEQUENA LABREGA
1º – PAVO REAL

PARELLAS/GRUPOS

1º – BOMBONAS

INFANTIL 4 ?? 14 ANOS

INDIVIDUAL

3º.- MONSTER HAIR
2º.- CAMALE?N
1º.- SE?ORA DAS ANILLAS DE REFRESCOS

PARELLAS

3º.- MUEBLES ALCOBA
2º.- REIS DAS CHAPAS
1º.- PALLASOS RECICLADOS

COMPARSAS

3º.- G?TICAS
2º.- SAMBA NO ARRECIFE
1º.- EL SOLDADITO Y LA BAILARINA

ADULTOS + 14 ANOS

INDIVIDUAL

3º.- A VIDA NO PALLEIRO
2º.- DUCHA HUMANA
1º.- O BARCO NO MAR

PARELLAS

3º.- BOMB?NS FERRERO ROCHER
2º.- TOY STORY
1º.- CLEOPATRA Y SUS FANTASÍAS

COMPARSAS

3º.- A COSTUREIRAS
2º.- OS PAXARI?OS
1º.- ARRINCADEIRA

Categorías: Concello

4 comentarios

RccD · 7-03-2011 a las 15:23

Gustaríame felicitar á organización do festival de disfraces pola súa gran labor no día de onte.
Coma todos os anos, a recollida de dorsáis comezou tarde restándolles tempo os participantes para prepararse de cara ó desfile. O paseo polas rúas sen sentido, con moitas paradas, participantes mal colocados e unha diferencia de ambiente entre a zona dos nenos ó principio e a dos maiores (nas comparsas) atrás abismal. Non vale de nada levar música se só se pode oir cando só acompaña a 4 participantes.

Sobre os premios, pois o mesmo de tódolos anos: amiguismos e favores. Nótase que veñen as eleccións e hai que facer campaña en todo.

Se nun evento cultural e lúdico coma o de onte se ven estas mafias, por uns miserables premios, ata onde se pode chegar no concello… Mellor non pensalo.

De tódolos xeitos sempre estamos igual, o público (o pobo) aclama a algúns participantes, pedíndolles fotos e vitoreándoos pola rúa, e os premios lévanos os coñecidos da mandamáis.

Non me extraña que durante a entrega estivese tan «preocupada» por saber a procedencia dalgúns premiados.

Lamentable. Así non gañades adeptos. O ruxe ruxe no público creo que foi significativo. Vós veredes o que facedes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-03-2011 a las 15:43

Non estou de acordo cos túas opinións, «RccD». Para min a organización foi boa e tivemos un éxito de participantes e de público. Os dorsais comezaron a repartirse ás 16:15 horas aínda que moitos participantes retrasáronse. En canto ao desfile, obviamente, non podemos compararnos co Sambódromo de Río de Janeiro, pero penso que foi unha comitiva moi digna e lucida. Por suposto, a mellor que houbo en Pontecesures dende sempre.
Non vin eu actos electorais por ningunha parte, e sobre a decisión ds premios estamos no de sempre. Todo é opinable, pero respecto moito a decisión das cinco persoas compoñentes do xurado. Non só iso, apoio a seu labor que ademais foi totalmente desinteresado. Insinúas que houbo influencia política na decisión. Non me consta para nada. Que doado e que inxusto é sempre lanzar acusacións deste tipo. Parece que na sociedade actual levamos sempre isto na cabeza. Triste.

    RccD · 7-03-2011 a las 16:22

    Non estou dicindo que o desfile non quedase vistoso, só digo que hai un milleiro de cousas que se poden mellorar. E se nun ano ves que certos aspectos quedaron frouxos e poden ser cambiados no seguinte o lóxico sería tentalo.
    A entrega de dorsáis empezou as 16:20, case máis 25 que 20, pero non pasa nada, xa é algo habitual.
    Ti podes terlles toda a consideración que queiras ós membros do xurado, pero sempre hai eleccións que dan que falar. O que non podemos negar son as evidencias. Falo das eleccións porque están á volta da esquina e todo axuda, pero como ben dixen, a cousas non é de agora, e fai un ano, e dous, e tres, as eleccións no estaban preto e aínda así, había lerias. A xente pola rúa apoia uns disfraces e aínda que algúns deles saian premiados, as primeiras posicións sempre son sospeitosas. De nada vale que xures que son xente de lei se para calquera que coñeza un pouco o concello vai ser doado ver as relacións.

    Non che consta que houbese influencia (políticas ou de calquera outro tipo) nas decisións, solo faltaría que ademáis de facelo o fosen berrando ós catro ventos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-03-2011 a las 23:25

A mellor proba de que se tratan de corrixir cousas é que o desfile e o concurso son mellores cada ano que pasa. Hai que seguir nesta liña, pois en Pontecesures onte houbo un ambiente festivo que beneficiou a todos.
Non mestures eleccións con Entroido «RccD». Poderase dicir que o xurado estivo máis ou menos acertado dende o punto de vista dos gustos de cada un, pero teño moi, pero que moi claro, que de influencias políticas, nada de nada. Porén; sempre hai algún malintencionado que todo pon en dúbida.
Non me parece xusto augar agora a festa. Foi unha tarde exitosa da que poidemos disfrutar moitas persoas da nosa vila e das poboacións limítrofes. Noraboa aos premiados, e o agradecemento profundo a aqueles que aínda que non obtiveron premio traballaron dabondo para participar no concurso. Moitas grazas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.