Practicamente rematada a obra da rúa Novo Núñez.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con fondos do plan anticrise da Deputación foi arranxado este espazo na rúa José Novo Núñez de Pontecesures onde se atopa un monumento do Apóstolo Santiago que está no percorrido do Camiño Portugués da Ruta Xacobea, xa nas proximidades da ponte interprovincial. Colocouse un novo solo de lousas de pedra e unha nova iluminación no propio solo que alumea a estatua e a fachada da vivenda de pedra próxima ensalzando o monumento e a contorna. Agora só queda colocar o mobiliario urbano.


4 comentarios

pontecesurex · 9-03-2011 a las 20:50

Menuda maneira de arder os cartos, por Dios, pero que necesidade habia de arrancar aquelo que ali habia e volver a poñelo…
Non sobrara nestes momentos onde metelos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-03-2011 a las 22:58

Pues el espacio este quedó bien. Se cambió el piso de loseta ya muy deteriorado por piedra, se retiró un cierre de hormigón que afeaba el monumento, se retiraron las vallas oxidadas y se sustituyó el viejo báculo de alumbrado por una iluminación desde el suelo que ensalza la estatua y la fachada de la casa. Ahora hay que colocar algún banco y una jardinera, por ejemplo.
¿Qué tu consideras lo realizado innecesario, «pontecesurex»?. Otra mucha gente alabó la actuación. Fundamentalmente dicen que, de noche, con el nuevo alumbrado la zona queda de maravilla.

papagos · 10-03-2011 a las 10:43

Dende logo menudo lumbrera o que diseñou aquel arranxo, estaba mellor antes. Quedou unha plaza a retales, por un lado a pedra e por outro a loseta do remate da acera. O alumbrado non e o apropiado para un monumento desas características. Dende logo quedaría mellor restaurar o antiguo cierre da estatua.

Luis Angel Sabariz Rolán · 10-03-2011 a las 17:54

O espazo acondicionado de Novo Núñez non debe ter a consideración de praza, e por iso respéctase a beirarrúa de Víctor García. A estatua penso que luce agora moito máis e o alumeado dende o solo axuda ao seu ensalzamento. Co mobiliario urbano mellorará
Queda ademais un detale para a lembranza, «papagos»: o buzón de Correos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.