Manu Clavijo ofrece un recital no IES Valga co gallo das Letras Galegas.
Manu Clavijo (Buenos Aires, 1977), cantante, compoistor, guitarrista e violinista, actuou onte no IES Valga con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Asistiron ao recital, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüistica do Centro, os alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato. «Lois Pereiro. Canción última…» é o titulo do novo proxecto deste músico galego-arxentino, que pon música a 16 textos do poeta monfortino ao que se lle dedica este ano o Dia das Letras Galegas.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 12/05/11
)
0 comentarios