Axudas para o Náutico de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rafael Louzán visitou as instalacións do Club Náutico de Pontecesures, que nos últimos anos se conssolidou como un dos equipos de piragüismo máis importantes da provincia.
Acompañado polo alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, o presidente provincial entregoulle ao máximo representante do club de Pontecesures, Anxo Barreiro, unha subvención de 18.500 euros, dos cales 15.000 están destinados á compra de embarcacións e palas, e outros 3.500 correspóndense coa subvención federativa para a participación en competicións oficiais. No acto participaron , e o portavoz municipal do PP, Juan Manuel Vidal.
Rafael Louzán tivo unhas palabras de agradecemento para Portos de Galicia, que o ano pasado construíu un pantalán para que puidera ser utilizado polo club de Pontecesures e destacou a necesidade de seguir colaborando entre institucións «para administrar mellor os recursos escasos dos que dispoñemos, sumar sinerxias e mellorar os servizos, dotacións e instalacións coas que contan os clubs deportivos»

DIARIO DE PONTEVEDRA, 20/07/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.