Rafael Louzán visitou onte o Club Náutico de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A última hora da tarde, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, acompañado do deputado provincial e alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, visitou o edificio municipal utilizado polo Club Náutico e que se atopa no peirao de Pontecesures. Ademáis do presidente e varios directivos do club, estiveron presentes o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, os concelleiros do grupo de goberno Ángel Manuel Souto Cordo e Roque Luis Araújo Rey e os concelleiros do PP, Juan Manuel Vidal Seage e José Ramón Cadilla Piñeiro.
Ademáis de entregar ao presidente Ángel Barreiro un cheque coa subvención anual de 3.500 euros, o presidente informou da resolución de axuda ao club para adquirir embarcacións (sobre 15.000 euros) e de que o organismo provincial vai facer un investimento no edificio para arranxar os problemas que presenta en materia de humidades e outras deficiencias. Por tal motivo un arquitecto acompañou tamén ao Sr. Louzán para realizar a valoración.
A directiva do Club Náutico convidou ao presidente e aos demais asistentes a un viño servido no hotel «Casa do Río».


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.