Actividades para o último dia da LUDOTECA DE VERÁN 2011

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O vindeiro mércores 31 de agosto finaliza a LUDOTECA DE VERÁN 2011 do Concello de Pontecesures. Para esta derradeira xornada está programado un festival no que se realizarán diversas actividades: cancións tradicionais, bailes modernos, música, etc. ; pero a actividade estrela deste festival vai ser unha obra de teatro que interpretarán os rapaces/as que participaron nesta ludoteca ao longo do verán.

Ao remate do festival faráse unha festa de despedida con merenda, globoflexia e outras actividades e se entregarán diplomas de asistencia a tódolos rapaces e rapazas.

M?RCORES 31 DE AGOSTO
11.00 HORAS
NO CENTRO SOCIAL.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.