Teatro en Pontecesures «Contos coas mans abertas».

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

 

 

A compañía de teatro A Tropa de Trapo porá en escena o espectáculo «Contos coas mans abertas», dirixido a público adolescente e adulto. Esta proposta baséase en pezas narradas a dúas voces, cun acompañamento de guitarra e laúde arabe que convida á reflexión.

CONTOS COAS MANS ABERTAS recopila historias reais, humanas e sinceras. Mulleres dunha aldea galega que aprenden a andar en bicicleta, cooperantes, guerrilleiros sandinistas, vacas, inmigrantes do Magreb e unha tribu de bosquimanos… todo misturado cun ritmo entretido, cercano e emocionante. Sempre aliñado cun pouco de retranca, misterio e ilusión… e o ritmo da música en directo. Un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

VENRES 23 DE SETEMBRO – 21.00 HORAS – CENTRO SOCIAL.

 

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.