Xornada de limpeza simultánea de ríos o domingo 2 de outubro.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

PROGRAMA DE CUSTODIA FLUVIAL ULLA-UMIA-LEREZ

En colaboración con ADEGA ??Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza- O Concello de Pontecesures está o organizar unha xornada de limpeza dunha pequena marxe do río Ulla. Trátase dunha iniciativa de participación, educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA coa finalidade de fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e mellora dos nosos ríos. Esta actividade está enmarcada na IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS pola cal no domingo 2 de outubro en varios lugares de Galiza se organizarán xornadas de limpeza similares.

Esta actividade lévase a cabo con voluntarios polo que se convoca á xente interesada en participar para que se anote no Concello chamando ao teléfono 986 564 410 (luns a venres de 9.00 a 14.00 h.). Faráse un grupo cun máximo de 15 persoas que téñen que ser maiores de 18 anos.

A xornada de limpeza será, polo tanto, o domingo 2 de outubro de 11.30 a 13.30 h..  A xente anotada convocaráse para sair ás 11.30 dende a estación depuradora de augas residuais no baradero grande do final do muelle. ? recomendable que os participantes veñan equipados con luvas e botas de auga.

Ao remate da xornada, ás 13.30 h., para repoñer forzas convidaráse a tódolos participantes a tomar un pincho e bebida nun establecemento hostaleiro do pobo.

Máis información no espazo web de ADEGA:

http://limpeza.proxectorios.org/

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.