Excursión a Lira organizada polo Concello de Pontecesures.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures está a organizar unha excusión a Lira para  o vindeiro luns 3 de outubro aberta a tódolos/as veciños/as de Pontecesures. Para anotarse, nas Oficinas Centrais do Concello, ábrese o prazo o venres 23 de setembro, por rigoroso orde de inscrición para 50 prazas.

A viaxe terá as seguintes actividades e horarios:

–         Saida dende Pontecesures ás 8 da mañá dende o Coche de Pedra.

–         Ás 10 da mañá, subasta simulada na lonxa de Lira.

–         Ás 10.30 h. visita guiada á zona de marisqueo do percebe.

–         Ás 13 h. xantar a base de productos galegos.

–         Ás 16.30 h. visita á ??Casa do Pepe do Cuco?, casa mariñeira con exposicións e material relacionado co mundo do mar.

–         Sobre as 17.30 h. regreso cara Pontecesures.

–         Chegada prevista sobre as 19.30 h.

Dende o Concello de Pontecesures anímamos á cidadanía a participar nesta interesante actividade, totalmente gratuíta, ó ser subvencionada polo Programa ??Mar Achega? da Consellería do Mar. Neste programa trátase de mostrar o modo de vida das vilas mariñeiras.

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.