Información para consultas e modificación de datos no padrón municipal de habitantes.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Información ós/ás veciños/as sobre o contido dos seus datos padroais

Aprobada, por Resolución da Alcaldía de data 16/09/2011, a revisión dos datos padroais deste municipio,  notifícase colectivamente que, a efectos da información ós/ás veciños/as polo menos unha vez cada cinco anos sobre o contido dos seus datos padroais que establece o artigo 69.3 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, na súa redacción dada polo Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, a partires de hoxe e ata o día 31 de decembro de 2011,  os/as veciños/as poderán consultar nas oficinas municipais e sempre persoalmente, os seus datos persoais.

Transcorrido este prazo o Concello dará por cumprida a obriga, lembrando, sen embargo, que nas oficinas municipais do Padrón de Habitantes, os veciños/as sempre poderán consultar e modificar se fose preciso, so seus datos padroais persoais.

 

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.