O CONCELLO DE PONTECESURES ?NESE Á INICIATIVA DE ??RECICLAXE SOLIDARIA? XUNTO COA FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA PARA AXUDAR Á PEQUENA AITANA

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A Fundación Amigos de Galicia, a quen se une o Concello de Pontecesures, en colaboración coa Fundación Seur, apoian a iniciativa de ??reciclaxe solidaria? para axudar á pequena Aitana, unha nena de nove anos, nacida en Tarazona (Zaragoza) cunha cardiopatía conxénita, ATRESIA PULMONAR SIN TRONCO PULMONAR CON COLATERALES.CIV, COMUNICACI?N INTERVENTRICULAR E FISURA PALATINA.

A iniciativa consiste en recadar o maior número de tapóns de plástico, que serán recollidos por unha empresa de reciclaxe, para poder costearse a intervención quirúrxica no Children Hospital de Boston, que ten un importe de 300.000?.

Tras varias operacións, 6 cateterismos e múltiples probas médicas ás que a pequena Aitana veuse sometida desde 2006, a única solución que aportaron os médicos sería un doble transplante de pulmón e corazón, sendo unha intervención moi complicada e sen ninguna garantía de éxito, pero que lles abreu unha porta á esperanza.

Unha iniciativa idéntica impulsada no mes de maio para axudar a un neno bilbaíno consigueu reunir 20 toneladas de tapóns. Trátase de Iker, de quince anos que sufre unha ATROFIA MUSCULAR ESPINAL. Para que a súa vida puidera cambiar necesitaba un sofisticado e caro aparato ortopédico que lle permitira estar de pé durante unhas horas o día, e con elo desenvolver os seus órganos vitais con normalidade. A empresa Bilboplastic comprometeuse a costearlle os 8.000 ? que costaba o aparato, a cambio de 20 toneladas de tapóns de plástico, que foron acadados.

Vista a grande aceptación que tivo dicha iniciativa, na actualidade estase levando a cabo outra campaña de ??reciclaxe solidaria? a nivel nacional para axudar a Aitana, á que se suma o Concello de Pontecesures, polo que solicitamos a todos os vecinos e veciñas que poidan e o desexen, que depositen no contenedor instalado ao efecto nas dependencias municipais, todos os tapóns de plástico que poidan.

Por outra banda, o Concello de Pontecesures ofrece contenedores a todos aqueles establecementos que así o soliciten para esta acción solidaria.

 

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.