O CPI de Pontecesures xa dispón de catro aulas dixitais.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O 24 de novembro de 2011 procedéuse á instalación do material necesario para converter as aulas de 6º de Educación Primaria e de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria en aulas dixitais, conforme á planificación do Plan Abalar da Xunta de Galicia, que se insire dentro do proxecto estatal Escuela 2.0.

Isto representa un paso máis na integración das Tecnoloxías da Información e Comunicación na práctica cotiá das aulas, nunha resposta aos desafíos que se presentan ante a tarefa educativa nestes tempos de velocidade dixital.

Con esta actuación, o CPI PONTECESURES conta xa con catro aulas dixitais, dotadas de conectividade a internet, pizarra dixital, ordenador, e un portátil para cada alumno e alumna.

Isto significa que se avanza, pouco a pouco, cara a un novo modelo de ensino e aprendizaxe no que a cultura dixital será requisito indispensable e reformulará a relación cos hábitos tradicionais que deberá converxer nun diálogo fructífero, xa que neste eido, nada hai máis moderno que saber ler e comprender o mundo no que vivimos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.