Avelino Pousa Antelo doa libros ao Centro de Estudos Barcaleses.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Avelino Pousa Antelo, o insigne mestre agrarista e galeguista, nado no Val de Barcala, ven de doar unha colección encadernada en varios volumes da historia Revista de Economía de Galicia (1958 ?1968), así coma outros libros da súa autoría, destinados a formar parte dos fondos do Centro de Estudos e Investigacións Barcalesas (Ceibar). Este centro vaise inaugurar este sábado, dentro dos actos de conmemoración que terá lugar con motivo do trinta aniversario do ensino secundario na comarca de Barcala.

Unha planta
Unha das achegas máis fermosas é unha planta da árbore do amor, tamén coñecida como cercis siliquastrum. O centro, que estará integrado no instituto Xulián Magariños, está chamado a ser un referente para a memoria, as obras literarias, científicas ou mesmo fotográficas, da historia da comarca barcalesa, e para un mellor coñecemento da súa realidade.

LA VOZ DE GALICIA, 30/11/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.