Nota sobre as cercanías ferroviarias.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

? unha boa nova a posibilidade apuntada por RENFE nestes días de que haxa nun futuro próximo un tren directo a Madríd dende Vilagarcía de Arousa.
Porén; estimamos que baixo ningún concepto se pode engadir, mesturada con esa nova, que as estacións de Padrón, Catoira e Pontecesures poden quedar en desuso sen servizo ferroviario, suprimindo o tren destas localidades. Todas as administración coñecen que todos os concellos afectados pola vía convencional actual defendemos a conservación e potenciación do tren de proximidade Vilagarcía-Santiago de Compostela con más paradas que as actuais. En lugar de vertebrar o territorio, en lugar de posibilitar que a xente viva tamén nas vilas pequenas ou medias, parece que o único que importa e que o tren chegue unicamente ás grandes cidades sen ter en conta a importancia que ten o servizo público no resto da poboación.
Non debe permitirse que o progreso coa posta en marcha da alta velocidade no eixo atlántico supoña a desaparición do tren en vilas e pobos que contan con este servizo, e con usuarios, dende hai máis de cen anos. Sería moi inxusto que aos os traballadores, estudiantes, pacientes dos hospitais e poboación xeral que utiliza o tren nas comarcas do Sar e Ulla/Umia elimíneselle a posibilidade de utilizar un medio de transporte seguro e ecolóxico.
Nesta comarca valoramos que se poida coller un tren directo a Madríd en Vilagarcía (tamén o poderemos tomar en Santiago), pero resulta para nós irrenunciable o contar co tren de proximidade.
Toda a opinión pública coñece a nosa intención, esperamos que o novo goberno da nación, en plena cooperación coa administración autonómica, sexa sensible as nosas aspiracións. Teñen constancia das nosas inquedanzas que lle foron expostas en varias ocasións e que non deben caír en saco roto. Confiamos que non nos defrauden.

Pontecesures, 20/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures e integrante da Comisisón de Defensa do Tren de Cercanías Vilagarcía/Santiago con prolongación futura ao aeroporto de Lavacolla.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.