O Concello rinde homenaxe ao Clube Náutico de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os medallistas nacionais cadetes e júniors do Clube Náutico Pontecesures foron homenaxeados onte.

O Club Nautico Pontecesures en colaboración co Concello de Pontecesures celebrou onte no salón de plenos do concello un acto homenaxe aos deportistas que na presente temporada veñen a desempeñar un papel destacado tanto a nivel autonómico como nacional, conseguindo subir ao podium nas categorías cadete e júnior. No acto, no que estiveron presentes os membros da corporación municipal e da directiva do clube, así como os técnicos, ofreceuse unha pequena explicación dos logros deportivos acadados polos deportistas. Pola súa banda o Concello entregou a cada palista material deportivo de adestramento consistente en uns GPS de entrenamento, que axudará a un mellor análise e desarrollo do adestramento controlado polo propio palista.
Anxo Barreiro, presidente e director técnico do club, comenta que se trata dun acto necesario, de apoio ós deportistas e de recoñecemento do seu esforzo diario e dedicación. Engade tamén que o Club Nautico Pontecesures, xa non só na categoría de promoción, na que a pasada tempada lograron alcanzar o subcampeonato Galego de Promoción entre cuarenta clubes de todo Galicia, senón tamén no Campionato de España de Xovenes Promesas celebrado este mes de marzo en Sevilla, conseguiron acadar a 7ª praza de mais de 80 clubes de toda España sendo o segundo club de Galicia, o que se considera un éxito sin precedentes para a entidade. Os palistas homenaxeados onte foron: Marcos Cascallar Giadas (Concentrado co Equipo Nacional de Kaiak Junior en Trasona, que acadou este ano o título de campión galego júnior 5000 metros na modalidade K1); Jorge Riveiro Oliveira (adestrando no club acadou finais da tempada pasada o título de campión galego cadete K1 200 metros); Adrian Castiñeiras Troans (adestrando no club acadou no Campionato de España de Inverno celebrado en marzo en Sevilla o terceiro posto na modalidade C1 5000 metros e C1 2000 metros cadete A); Rebecca Laurijssen Busto (adestrando no club acadou no Campionato de España de Inverno Xovenes o terceiro posto na modalidade K1 5000 metros Cadete A); e Camila Aldana Morison Rey (terceira na modalidade K1 5000 metros Cadete B no Campionato de España de Inverno).

Estos excelentes resultados veñen a destacar o enorme traballo que está a facer a entidade nos últimos anos, situándose coma un dos mellores clubs de Galicia e de todo o territorio nacional. Dende a dirección da entidade queren agradecer a todos os patrocinadores, colaboradores, e personal humano o seu esforzo e compromiso co clube, pilar fundamental para poder continuar con este proxecto de éxitos deportivos. Agradecen tamén ao Concello e a Corporación o apoio neste homenaxe, a Deputación de Pontevedra que colaborou de maneira importante na adquisición de barcos para a base, e ao servicio de Deportes da Xunta.

DIARIO DE AROUSA, 08/04/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.