O Botánico artístico de Padrón.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Padrón conta no artístico xardín Botánico cunha das suas xoias patrimoniais. Anunciouse unha axuda económica de Fomento a conta do 1% cultural para a súa rexeneración e digamos que total posta a punto. Como principal actuación a realizar se trata de efectuar o cercado da zona Sur pendente para completalo co resto existente. Pero todo segue como estaba e as críticas choven para uns e outros.

Por outra banda, cabe lembrar aquí tamen a necesidade dun servicio de aseo público, algo que se bota de menos e se ven reivindicando dende sempre, pero sen que tal demanda se vexa cumprida a pesares das numerosas visitas de turistas, grupos de colexiales de Galicia e outros puntos de España que aquí acuden como excursionistas, e a reunións de carácter didáctico, etc.

Asemade outros comentarios xiran en torno o abandono en reparar a estatua do trovador padronés Macias O Namorado, cuxa autoría se debe ao escultor e inesquecible amigo de Calo-Teo, Alfonso Sanmartín. Inaugurada un 9 de abril do 1961, dende hai mais dun ano que o vandalismo a deixou sen a man dereita do doncel que apoiaba sobre o peito.

A estatua de Macías preside ao pé dunha grandiosa e espectacular sequoia roxa, en tanto no mesmo Botánico existen tamén sendos bustos ao xenial rianxeiro Castelao e ao profesor padronés Gende, e que por outra parte entre as numerosas especies botánicas con que se enriquece este preciado recinto figura o buxo en honor ao noso Nóbel Camilo José Cela e outros exemplares homenaxes asemade a sobranceiros persoaxes ou entidades.

Pero non podemos pechar a columna de oxe sen reclamar unha vez mais o adecentamento da casa-taller que na situación en que se encontra mais que mágoa resulta un auténtica aldraxe para todos os padroneses. Cantos visitan tan privilexiado espacio da capital do Sar comentan sorprendidos a lamentable situación. Sería de desexar que a normalidade se produxera antes do vindeiro verano.

Por José Castro Cajaraville.
TIERRAS DE SANTAGO, 15/05/12

Categorías: Política

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.