O programa de educación de adultos do Concello de Pontecesures recibe a subvención máxima por parte da Xunta de Galicia.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O DOG  do 16 de maio publicou a concesión por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da  subvención ao Proxecto de Formación de persoas adultas do Concello de Pontecesures, por un importe de 6.000�

O Concello continúa admitindo novas inscricións para a preparación dos exames da Proba Libre  que terá lugar a mediados de setembro.

Os cursos de Educación de persoas adultas que organiza o Concello de Pontecesures desde o ano 1995 contan cun elevado número de participantes e cun moi elevado índice de aprobados. A  avaliación do proxecto presentado polo Concello na actual convocatoria obtivo 87 puntos  -figurando no nº 13 das 51 propostas- o que lle outorga a subvención máxima establecida na  convocatoria, 6.000�.

Continúa aberto o prazo de inscrición do actual curso 2011/2012. Os alumnos e alumnas reciben  clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Graduado en Secundaria mediante a convocatoria da Proba Libre que terá lugar o día 13 de setembro de 2012 (Os exames serán tipo test).

Poden incorporarse todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que queiran acceder á inserción laboral ou continuar estudos de bacharelato ou ciclo medio. O horario das clases é de luns a xoves de 18.30 a 21.30 h.

As clases para a obtención de Graduado en ESO realízanse en colaboración coa Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.