Resposta do grupo de goberno de Pontecesures á moción de ACP sobre a retirada das pagas extraordinarias de decembro aos concelleiros liberados.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Unha vez apresentada por parte do grupo ACP unha proposta de moción, para a sesión plenaria do 30 de xullo, solicitando a retirada das pagas extraordianarias de decembro aos concelleiros liberados do Concello de Pontecesures; estes 3 membros do goberno queren poñerlle as cousas claras o Sr. Sabariz:

En este caso chega vostede tarde. Xa que por acordo dos tres quedou claro que nos iamos a retirar a paga extra de nadal. Xa llo fixemos saber no seu día á secretaria para que o contemplase nos orzamentos deste ano. Así que sin preguntar se isto xa estafa feito manda vde. un globo sonda o espazo. Pero é como soe facer vostede as cousas, sin xeito.

Non somos tontos, xa nos enteramos do real decreto, aínda que vostede se crea o ombligo do mundo e o máis listo, nós xa tiñamos tomada esta determinación.

E agora dende o equipo de goberno queremos deixarlle claro que esta moción do seu grupo non irá ao pleno do día 30 de xullo xa que o seu contido é unha obviedade e non ten sentido. Como non ten sentido presentar unha moción sobre un tema cando o tema xa esta aclarado. Pero bueno as cousas só as fai así o Sr Sabariz que non debe ter nada máis que facer.

 


8 comentarios

ven te vexo · 17-07-2012 a las 15:00

Que gozada de comunicado, vaia resposta, que educación, que ser estar…

Caminante · 17-07-2012 a las 19:36

Sen entrar a valorar quen ou quen non ten razón, quen chega tarde o cedo, a verdade é que a resposta do equipo de goberno deixa moito que desexar.
Creo que o tono do mesmo non é máis apropiado nin por suposto, o máis axeitado.

palikero · 17-07-2012 a las 22:27

concordo coa tua valoración «caminante», de feito «o tono» non é o máis axeitado. Inclúan na orde do día do Pleno, señores do equipo de goberno, a mocion de ACP e expoñan alí estas mismas razóns que eiquí argumentan… o vecindario entenderao ou temen que non?…con esta «apresurada resposta» queda «todo dito».

cesureño · 17-07-2012 a las 23:57

O certo que a resposta deixa moito que desexar en canto as formas, creo que se sabe ben quen foi a que escribiu esto…..

Princo · 18-07-2012 a las 01:22

O tono está perfectamente adecuado para quen vai dirixido. A esta xente haille que falar asi, non o entende.

Sabariz, espabila. que vostede non se entere das decisións que toma o goberno non significa que non fagan.
Se o exclúen de todo o que fan, é porque vostede emporca absolutamente todo.

Estache ben empregado, a xente ten que empezar a darse conta do ruin que eres.

    indaonte · 18-07-2012 a las 11:30

    Si estou de acordo que a veces si se debe falar mais agresivamente para que te tomen en serio.
    Pero neste caso está completamente fora de lugar, e mais se a contestacion provén do (CONCELLO DE PONTECESURES);
    Deben ter en conta que eles representan A TODOS os cesureños, e que ante todo estan ai PARA SERVIR E MIRAR POLO POBO, pero con contestacions como estas o «goberno» queda co cu o aire
    , e vese que realmente estan polos cartos e nada mais que os cartos. E lles molesta que os recrimines e os fagan andar co lombo dereito.

ven te vexo · 18-07-2012 a las 09:59

Moi boa a lóxica.
So se goberna para os amigos.
Tono adecuado para quen vai dirixido…persoa libre…pais libre…liberdade de expresión…
Hai que contestar a todos con educación, que os demáis tampouco nos enteramos do que non se conta.
Cando se goberna é para todos incluindo aos que non vos votan e aos que vos critican.

papagos · 18-07-2012 a las 16:47

Sen dúbida é unha nota moi desafortunada. Si ben é difícil subtraerse ás continuas provocacións dun personaxe coma o Sr Sabaríz, o equipo de goberno ten que estar á altura e non caer con tanta facilidade na mesquindade política inherente a este señor.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.