Pontecesures acolle unha exposición adicada ao cómic.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Poderanse disfrutar obras de destacados autores da arte da banda deseñada

O Concello de Pontecesures acollerá durante as vindeiras semanas unha exposición con traballos de Rafael Losada, un barcelonés asentado en A Illa vinculado ao cómic. A exposición poderáse visitar na Casa do Concello en horario de mañá.

A mostra inclúe traballos de destacados debuxantes do ámbito nacional e internacional como Jordi Longaron, Stan, Drake, Pepe González, Modesty Blaze, Arturo del Castillo e José Ortiz, pertencentes á colección particular do propio Rafael Losada

La exposición quere destacar a relevancia que tivo o soporte en papel para a difusión da banda deseñada frente aos tempos actuais nos que se prioriza o formato dixital. Hai que destacar o cartel anunciador desta mostra, realizado en exclusiva por Rafael Losada, e que dedica á muller en xeral e á súa participación no cómic con heroínas que acadaron o éxito  a nivel mundial: Modesty Blake, Friday Foster, Juliet Jones e Vampirella, e que en palabras do autor ??xustifico a necesidade desta homenaxe polos recortes feitos na protección á muller e aos malos tratos que padece?.

O acto de presentación desta exposición terá lugar o vindeiro luns 23 de xullo, ás 12:00 h no Casa do Concello e contará coa presenza de Rafael Losada e do alcalde de A Illa, Manel Vázquez e a concelleira de Servizos Sociais e Medio Ambiente de dito Concello, Lola Folgar.

 


1 comentario

Cara de cona · 20-07-2012 a las 18:40

Propaganda socialista do Roque…….., os protagonismos xa traen lios no goberno…….veredes pronto liortas….sobre todo cando non podan cobrar todos….jo..jo…jo….

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.