Pontecesures recolle tapóns para Pablo.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A entrega pode facerse en instalacións municipais e establecementos adheridos

O Concello de Pontecesures forma parte a rede de recollida e tapóns e apoio á familia de Pablo González Castelao, un neno de 11 anos de Pazos (Padrón), que padece distrofia muscular tipo Duchenne â??unha enfermidade dexenerativa sen curaâ??, ademais de osteoporose avanzada.

O obxectivo da campaña é recoller tapóns de plástico para a súa reciclaxe, como xa se fixo noutras convocatorias, para adquirir unha cadeira de rodas eléctrica, unha grúa e un baño adaptado para levar unha vida mellor. O custo elévase a 30.000 �, unha cantidade que a familia non pode afrontar.

Con este fin, habilitaranse puntos de recollida na Casa do Concello, colexio, escola infantil, Praza de Abastos e en todos aqueles establecementos da vila que o soliciten.

 

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.