Contestación ó Sr Sabariz pola reixa no Camiño Portugués en Condide

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Logo da nota de prensa publicada no día de hoxe  na que o Sr Sabariz reclama a reparación dunha reixa no Camiño Portugués, á altura de Condide, na que mostra unha foto na que se ve a falta da reixa e a colocación duns ramos, o equipo de goberno quere matizar o seguinte:

  1. Xa o día 25 o equipo de goberno se percatou deste incidente e se enviou á Policia Local ó lugar. Despois de recolocar a reixa nos puxemos en contacto con técnicos do Xacobeo para informalos do incidente.
  2. No día de onte técnicos do Xacobeo xa estiveron na zona e quedaron en solucionar o problema o antes posible.
  3. Este equipo de goberno considera que este tipo de actuacións son as normais que se realizan a cotío e que non é necesario facer notas de prensa tódolos días tal e como facía o Sr Sabariz cando gobernaba.
  4. Agora ben, o que si queremos lamentar é a actuación do Sr Sabariz xa que constantemente mediante mentiras e medias verdades intenta desacreditar a laboura do equipo de goberno, intentando que quede na cidadanía a sensación de que o goberno non fai nada. Para demostralo queremos que o propio Sr Sabariz nos explique porqué a foto que lle enviou onte ós medios coma se fose sacada o dia 28, realmente é anterior ó día 25 tal como se demostra na fotografía sacada pola Policia Local, onde sí figura o día que se realizou. Vendo a foto vese claramente que a foto do Sr Sabariz é anterior xa que si fose posterior o único que daría que pensar é que retirou a reixa para facela foto, demostrando así a súa obsesión por utilizar calquer tipo de medio pouco ético para criticar ó goberno.
  5. O que lle pedimos ó Sr Sabariz é que faga unha oposición responsable sen a utilización da mentira, da hipocresía e da demagoxia. Non todo vale excusándose que a laboura da oposición é criticar.

Foto enviada por Sabariz ós xornáis o día 28

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Foto feita pola Policía Local o 25 de agosto

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.