ABERTA A INSCRICIÃ?N PARA AS ACTIVIDADES DE AEROBIC, XIMNASIA DE MANTEMENTO E XIMNASIA PARA MAIORES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Ante a gran demanda de actividades de ximnasia de mantemento, aerobic e ximnasia para maiores, e debido a imposibilidade de contratar a una monitora  pola nova normativa de contratación da Administración Pública, o Concello de Pontecesures ven de asinar un convenio cunha empresa especializada, CHAMPIONS GALICIA FITNESS SOTO VITURRO S.L., para o desenvolvemento destas actividades deportivas. Esta empresa encargarase da xestión económica das cuotas e do desenvolvemento das actividades. Pola súa parte, o Concello pon a disposición da empresa as dependencias habituais para realizar estas actividades e realizará a inscrición dos interesados.

O prezo mensual destas actividades, que se levarán a cabo de outubro a xuño, é de 8 � (prezo para todo o curso en pago único é de 55 �) e o prazo de inscripción comezará o vindeiro luns 17 de setembro e permanecerá aberto durante todo o ano para que os interesados poidan apuntarse cando o desexen.

Para a posta en marcha destas actividades convócase a tódalas persoas interesadas a unha reunión que se levará a cabo o martes 25 de setembro ás 20.30 horas no local anexo ao Pavillón Municipal de Deportes.

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.