A Deputación contratou a tres dos seis traballadores que lle corresponden a Pontecesures no plan provincial de emprego.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo da entrevista de onte no Pazo Provincial seleccionouse a Carmen Tilve García, José María Martínez Caamaño e Estela Maris Comparada Mosquera para prestar traballos de peón no Concello de Pontecesures. Os traballos comezan no día de hoxe con contrato por cinco horas diarias con seis meses de duración.
Nos vindeiros, comezarán outros tres traballadores logo da entrevista que se vai realizar.

Categorías: Sin Categoria

3 comentarios

ben te vexo · 27-09-2012 a las 10:28

Parabéns ós premiados. Ter un traballiño é unha lotería e sendo de 5 h. ainda se pode seguir vendendo cosmética, facendo seguros, e despachando na panadería nas fíns de semana.
�s demáis máis sorte a próxima vez.

o palillo · 27-09-2012 a las 15:57

ben te vexo que razon tes eu non entendo nada neste pais xente en peor situacion ca que entrou e quedan fora ,non entendo nada.noraboa os afortunados .Pero ¿alguen me pode esplicar como se fai esta seleccion? por exemplo vostede señor sabariz ,saberiame dar algunha explicacion ,xa sei que non lle correspode ,pero se o sabe agradezcollo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-09-2012 a las 22:07

Hai que dicir que o custo destas contratacións é asumido integramente pola Deputación, que a relación laboral das traballadoras é co organismo provincial e que cobran en virtude do convenio que rexe en dito ente.

En canto á selección, «o palillo» pouco podo informar. A Deputación fai unha oferta de emprego na oficina de Vilagarcía de Arousa dende a que lle envían varios candidatos por praza en funcion da sondaxe realizada na que inflúen, penso, aspectos como antigüidade no paro, prestacións, etc..Logo os candidatos teñen unha entrevista individual no Pazo Provincial e de aí saen os elixidos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.