Nota do grupo municipal de PP sobre a moción do grupo de goberno de apoio ós traballadores da empresa concesionaria da Escola Infantil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No Pleno Ordinario de onte 24 de setembro, o grupo de goberno plantexou unha moción propoñendo ó Pleno da Corporación acordar esixir á empresa concesionaria do servizo de guardería no noso concello, de que cesara nas prácticas que a xuizo do grupo de goberno eran cualificadas de irregulares e con un método de negociación ??totalmente ilegal?

Pois ben; na exposición de motivos que se nos facilitou ós grupos da oposición en ningures se da máis explicación de cales son esas prácticas, únicamente unha serie de afirmacións que por sí solas non son argumento, a xuizo do grupo municipal do Partido Popular, para decantarse a favor dunha postura ou doutra.

Falábase no argumentario de ??irregularidades con que se está levando a cabo (nas relacións laborais entendemos)? o ??método de negociación que se pretende aplicar? , ??manipulación que a empresa está a facer con este tema?, etc.. Afirmacións todas elas que illadas nun escrito a modo de ??pasquín? difícilmente dan unha imaxe fiel de todas esas irregularidades das que fala o equipo de goberno.

Nin que decir ten, que ó noso xuizo existen xa institucións e foros máis apropiados para dirimir conflitos de carácter laboral que un pleno da corporación, para eso están os Servicios de Mediación e Arbitraxe, etc.

Aínda así, e coa finalidade de recabar toda a información que se precisara para poder votar con coñecemento de causa unha moción que estimamos ten repercusións importantes, ó noso grupo apostou pola fórmula de que a moción se deixara sobre a mesa, para recabar toda esa información que ó noso xuizo decantaría ou non o apoio a moción ou o rexeitamento.

Tras dúas votacións consecutivas, foi o voto de cualidade do Alcalde o que rexeitou a proposta dos grupos da oposición o que motivou que o noso grupo municipal do Partido Popular abstivérase na votación.

Obviamente, o noso grupo municipal apoia, no contexto do Estatuto dos Traballadores, a todos os traballadores sexan de onde sexan e desempeñen o posto que desempeñen, pero entendemos que teña que existir a debida cautela á hora de poñer en entredito os métodos que unha empresa, no noso caso concesionaria do servizo de gardería no noso concello, poida ter co seu persoal laboral contratado, coa finalidade de non provocar un menoscabo na súa imaxe como empresa.

Dispoñer de tódo-los datos houbera servido para votar con coñecemento de causa e non ter que absternos por non dispor de argumentos suficientes para emitir un xuizo xusto para empresa e traballadores/as.

Categorías: Sin Categoria

3 comentarios

maribel clo clo · 25-09-2012 a las 23:58

Sabariz Sabariz, que x la boca muere el pez. Está claro que la información que recibes tú y la señora maribel viene directamente de la propia empresa, no? Por eso todo está bien. Por lo que me han contado, las irregularidades no son solo con las tres trabajadoras a las que la empresa les ha robado dinero de su sueldo x decir la verdad. Curiosamente hoy me han enviado una foto donde aparece la instalación de gas de la guardería de Pontecesures caducada desde hace dos años!!!!!!!!!!! y que al parecer la han cambiado hace unos meses gracias a que ahora desde el concello ponen un poco de mano dura. Esto es muy grave ya que están jugando con la vida de muchos de nuestros hijos, es imperdonable que estas cosas se puedan dejar pasar de largo. Sabariz que ganas con esta empresa? Recordaste en el pleno a una trabajadora que hace unos años echaron de la guardería x decir la verdad, que sepa esa trabajadora que una de sus llamadas compañeras la delató en su día y que curiosamente es una de las que no fue sancionada x el tema de la pancarta.La señora maribel está claro que no levantó la mano x que pudo meter a una enchufada( con un marido relacionado a temas de trapicheo) y que curiosamente tampoco fue sancionada. A caso no llega que los padres estemos en desacuerdo con lo que está sucediendo?Sr. Sabariz, deje que hagan las cosas como deben hacerse, ya que en su momento no hiciste nada ni tú ni la culta de maribel

ben te vexo · 26-09-2012 a las 12:44

Ben se ve que o Sr. Sabariz fai case todas as entradas desta páxina, pero iso non implica que teña nada que ver coas mesmas. Eu non teño noticias de que o Sr. Sabariz pertenza ao grupo do Pp en Pontecesures, nin que lles faga as notas de prensa nin nada parecido… Ou estaremos a falar dunha nova fichaxe

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-09-2012 a las 15:14

O que se estivo a tratar nestes días en relación coa gardería foron asuntos de persoal, e naturalmente que apoio ás traballadoras, aínda que no seu día o actual goberno local ás miñas preguntas sobre as sancións sempre contestaron: «son asuntos da empresa e non podemos entrar» algo co que nunca estiven de acordo pois o concello é o titular do servizo. Porén; explico en nota aparte que non teño datos concretos para dar opinións sobre este conflito porque non se me facilitaron.
Está claro que se hai incumprimentos en canto ás dotacións das instalacións ou outras obrigas da empresa o concello ten que facer cumprir o contrato administrativo asinado. A min, dende logo, non se me pode acusar de deixar pasar nada a ninguén sen defender os intereses públicos neste tema da escola infantil. Tamén é verdade que nestes asuntos tiven unha participación moi limitada (descoñezo o da caldeira, por exemplo) e non é por botar balóns fóra.
Por suposto que son alleo á nota do PP, «ben te vexo». Xa sabes que fago moitas entradas sen ter relacións con elas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.