Posta en marcha de novo do servizo de Educación Familiar en Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Logo de que no mes de marzo o Concello de Pontecesures quedara sen o servizo de Educación Familiar ao non ser este subvencionado pola Xunta de Galicia, o pasado 14 de setembro realizouse a solicitude de adhesión ao convenio coa Deputación de Pontevedra para o cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios dos concellos de menos de 20.000 habitantes. Así pois, e en virtude dese convenio, a partires do 1 de outubro poráse en marcha de novo o Servizo de Educación Familiar no Concello de Pontecesures.


1 comentario

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-09-2012 a las 15:54

Aínda que tarde, porque o tema da Deputación xa é coñecido hai tempo, é unha nova que dende a oposición levamos perseguindo hai tempo.
Por certo; resulta sorprendente que o goberno local bótelle a culpa aos demais nestes temas sociais. ¿� que non se vai implicar en nada de non facelo as outras administracións?. Hai xa algún servizo no concello que este ano non tivo subvención de nigún tipo para cofinancialo. Entón, ¿vai desaparecer ese servizo como pasou co de educación familiar?, ¿van desaparecer outros en canto deixen de ser subvencionados?, ¿que vai pasar con ese persoal?. Esperemos acontecementos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.