Problemas na utilización dos locais municipais en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DA ACP DE PONTECESURES

Na tarde de onte estivo máis dunha hora interrompida a actividade no edificio municipal coñecido como o «Club Xuvenil» (clases de pintura) e no edificio da biblioteca municipal de Pontecesures por mor dun apagón de luz. Ámbolos dous edificios se atopan moi próximos pero o cadro eléctrico principal se atopa no segundo deles. O uso das estufas no edificio do do «Club Xuvenil» provocou a interrupción do subministro coas conseguintes queixas dos usuarios.

Prégase ao goberno local que esta deficiencia sexa arranxada con urxencia para non interferir negativamente nas actividades. Pero ademais, dunha vez por todas, debe decidirse extender a calefacción con caldeira de pellets que ten o edificio da biblioteca ata o edificio do club xuvenil. Solucionaríase esta cuestión a habería un aforro importante no recibo eléctrico.

Pontecesures, 05/01/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.