A empresa concesionaria da gardería de Pontecesures remata o contrato, como máximo, o vindeiro 31 de xullo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 07/03/13 o alcalde de Pontecesures, Manuel Luis Álvarez Angueira, ditou a seguinte resolución:

«»-Vista a finalización do prazo de concesión establecido no prego de cláusulas administrativas particulares reguladoras da licitación do contrato de xestión do contrato de xestión do servizo público da Escola Infantil Municipal, adxudicado á empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. pola xunta de goberno local do 19/04/05 (contrato asinado o 01/06/2005).

-Vista a addenda ao contrato asinada en data 30/04/2010 de modificación do establecio no srtigo 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, referido á duración da concesión e a forma de prorrogar o contrato e duración das posibles prórogas, establecendo de mutuo acordo que a partir do 1 de xuño de 2010, data na que finalizaba a prórroga da que viña disfrutando a concesionaria, «as prórrogas por muto acordo pasarán a ser de por períodos anuais a períodos de tres meses, considerándose cada tres meses automaticamente prorrogada a concesión, se ningunha das partes manifesta a súa vontade de non prorogala con quince días de antelación á finalización do prazo de prórroga agoa trimestral».

-Vistas, así mesmo, as comunicacións e os requirimentos realizados por este concello á empresa adxudicataria en datas 13 de decembro de 2012, e 11, 16, 17 e 24 de xaneiro e 11 de febreiro de 2013.

-Vistos os deberes do concesionario e en concreto oa artigo 7.20 do prego, «Prestar os servizos durante, alomentos, catro meses adicionais á data de finalización do contrato, se o concello o estima oportuno mentres realiza os trámites para a realización da nova concesión ou doutra forma de xestión do servizo».

Ao abeiro das facultades que teño atribuídas,

RESOLVO:

Non prorrogar o contrato de xestión do servizo da Escola Infantil Municipal con empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. declarando a súa finalización con efectos do 31 de marzo de 2013 e requirir a empresa ANA NAYA GARCÍA S.L. pra que, ao abeiro do artigo 7.20 do prego de condicións administrativas particulares continúe a prestar o servizo polo tempo necesario para realizar a nova concesión por un tempo máximo de 4 meses, é dicir, ata o 31/07/13″»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.