A maxia da derradeira noite de abril.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

maxia

O ritual de alumear o pan, a través do lume purificador e da cinza, perviviu nas terras de Iria ata o ano 2010// Autores como Vicenti, Murguía, Piñeiro Ares ou Borobó tentaron afondar no seu significado e na súa orixe // O cerimonial nocturno pretendía espantar as meigas e pedir boa colleita

Ata hai ben pouco, aínda nalgún curruncho da comarca do Sar, os campesiños alumeaban o pan. E facíano rememorando unha vella tradición que bebe nas fontes das culturas ancestrais e que tiña por obxecto espantar as meigas e pedir boa colleita de trigo e de centeo.

Este cerimonial ígnico tiña como protagonistas o lume, os froitos e os cánticos. Celebrábase ó caer á noite do 30 de abril e prolongábase ata ben entrada a madrugada do día un de maio. Algúns autores galegos recolleron nos seus escritos este curioso ritual e tentaron afondar nas orixes do mesmo sen decantarse por unha hipótese clara.

EL CORREO GALLEGO, 28/04/13

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.