«Ler conta moito» achégase de novo a Pontecesures

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Tras a Noite na Bibliteca do pasado 27 de abril, o programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia em colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures.
A primeira das actividades a realizar será Contos para todos, un espectáculo de títeres, contacontos , maxia animación e clown, o 10 de maio para 3º e 4º de Educación Primaria. Continuará con Contos animaliños, onde unha contadora relatará unha serie de contos nos que os protagonistas son os animais, o 14 de maio para 1º e 2º de Educación Primaria. Na seguinte, As dúbidas dos animais, o 15 de maio, para 5º e 6º de Educación Primaria, será unha actividade de contacontos na que os participantes descobrirán que as dúbidas e os medos tamén as sofren os animais. Os alumnos de secundaria terán o seu turno o 15 de maio co Obradoiro de improvisación en verso onde dous improvisadores traballarán dun xeito interactivo cos asistentes para inicialos nos segredos da regueifa. Por último, A cara dos contos, é una contada para nenos acompañada de obxectos, adiviñas, trabalinguas e cancións o 16 de maio para 2º e 3º ciclo de Educación Infantil.
Todas as actividades terán lugar na Biblioteca municipal ás 12 da mañá, a excepción da do dia 15 de maio destinada aos alumnos de secundaria, que terá lugar ás 5 da tarde.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.