Nova convocatoria do Banco de Libros de texto

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

bancolibros 2013 webPor segundo ano consecutivo, o Concello de Pontecesures pon en marcha o Banco de Libros, unha iniciativa que promove o préstamo de manuais escolares, unha vez liquidado o sistema de gratuidade universal.
O obxectivo do Banco de Libros é fomentar a solidariedade en beneficio das familias con menos recursos económicos, e animar aos rapaces e rapazas no respecto ao medio ambiente mediante a reutilización dos manuais, ensinándolles a que respecten e coiden os seus libros de texto, e a que os cedan a outros cando xa non os precisen.
Deste xeito promóvese que os libros pasen dunha familia a outra, evitando a compra anual, e procurando o uso racional dos recursos didácticos. Os libros poden ser depositados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e no propio centro escolar.
Na primeira edición foron 120 os libros recolllidos con esta iniciativa, apoiada pola ANPA e a dirección do CPI Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.