Publicado no DOGA o anuncio de licitación do servizo da Escola Infantil de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

No DOG de onte, 10 de maio, publicouse o anuncio que dí:

«ANUNCIO de contratación do servizo da escola infantil municipal.

Mediante acordo do Pleno da Corporación do día 25 de marzo de 2013, aprobouse o expediente de contratación seguinte:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Pontecesures.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de servizos.
b) Descrición do obxecto: escola infantil 0-3 municipal.
c) Duración do contrato: dous anos e dous anos mais de eventual prórroga.
3. Modalidade de adxudicación.
Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.
4. Tipo de licitación.
160.000,00 euros anuais (cento sesenta mil euros).
5. Garantía.
Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.
6. Exame do expediente.
Os licitadores poderán examinar o expediente na Secretaría Xeral do Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto festivos e ata o día de finalización anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións, ou no Perfil de contratante na seguinte dirección: www.pontecesures.org
7. Presentación de proposicións.
As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG. Se o ultimo día de presentación de ofertas é inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.
8. Apertura de proposicións.
Ás 12.00 horas do sexto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas, a mesa de contratación procederá, en acto publico, á apertura das propostas técnicas presentadas (sobres B). Para estes efectos, se tal día cadra en sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. Posteriormente, na data que se comunique vía telemática ou mediante fax, procederase en acto público á apertura das propostas económicas (sobres C).
9. Obtención de documentación e información.
Concello de Pontecesures, avda. de Vigo, nº 2 Pontecesures (36640).
Páxina web: www.pontecesures.org
Teléfonos: 986 557125. Fax: 986 557554.
10. Criterios de adxudicación.
Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:
a) Proxecto educativo do centro: ata 30 puntos.
b) Proxecto de organización interna do centro: ata 15 puntos.
c) Plan de mantemento das instalacións e equipamentos: ata 5 puntos.
Criterios cuantificables automaticamente:
Prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos.
11. Requisitos específicos do Contratista.
Clasificación Grupo: U; Subgrupo: 05; Categoría (igual ou superior) : B.
12. Gastos de publicidade.
Por conta do contratista adxudicatario.

Pontecesures, 17 abril 2013
O Alcalde

Manuel Luís Álvarez Angueira»


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.