Carta aberta aos militantes do PSdeG-PSOE de Pontecesures

Publicado por socialistas de pontecesures en

O 22 de xullo comezou o período de recollida de avais para a presentación de candidatura a Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na consulta non vinculante que convocou o Comité Nacional Galego e que terminará o día 2 de agosto ás 14:00 horas.

Tódolos militantes temos dereito a avalar a aquel candidato que desexemos, pero só podemos facerllo a un deles, quedando invalidado o noso aval, se llo fixésemos a máis dun.

Podese cumprimentar o aval por correo electrónico, descargando e imprimindo o modelo na web do PSdeG-PSOE: www.psdeg-psoe.org , para despois cubrilo e escanealo, enviándollo ao candidato avalado por via mail ou correo ordinario.

As webs dos candidatos presentados ata o momento son:

http://gomezbesteiro.com/

http://www.candidatomanel.com/

Dende a Executiva Local anunciamos que temos a disposición dos miltantes os documentos para avalar a cada candidato, e que nos días vindeiros poñeremos datas de apertura da sede para facilitar o proceso a quen o necesite e así  recoller os avais para os candidatos.

No caso de que algún militante lle fora imposible acudir á sede local, poñédevos en contacto co Secretario Xeral ou coa Secretaria de Organización que vos facilitarán a firma de ditos avais.

Saúdos e sorte aos candidatos.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.