Nota íntegra da ACP sobre o peche da escola infantil de Pontecesures estes días de agosto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Hai tempo que o goberno local comunicou que a empresa que está a cargo da Escola Infantil de Pontecesures remataba o contrato de explotación no día de hoxe (31/07/13) e por iso foi convocada a licitación para un novo contrato do servizo.

Con sorpresa observamos que a día de hoxe non se coñece a adxudicación do novo contrato (optaron ao parecer catro empresas) e como a empresa actual cesa e nada se sabe da gañadora da licitación, temos unha consecuencia tremenda pois a pesar de que hai máis de 15 nenos/as interesados en utilizar o servizo da gardería en agosto, mañá, día 1 de agosto, a gardería estará pechada co conseguinte prexuizo para este servizo público e para imaxe da entidade.

O sexa; hai unha incertidume agora en canto aos días de agosto nos que estará pechada a gardería, nada se sabe da subrogación do contrato das traballadoras no caso de que sea outra a adxudicataria do servizo como se reflicte no prego de condicións, se estas causan baixa, se van percibir as retribucións en agosto, etc…

En fin, xestión nefasta e pouca seria dun goberno local que deixa este tema tan importante para última hora. Estamos ante a inoperancia de sempre cun alcalde practicamente ausente e cun concelleiro de educación e servizos sociais, Roque Araújo, totalmente desaparecido e desprazado neste tema da escola infantil a pesar de que cobra por unha adicación exclusiva que pagamos todos.

Pontecesures, 31/07/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

tama · 1-08-2013 a las 13:06

paréceme penoso!!
penso que esto xa se sabía con antelación, que mínimo que avisar os pais unha semana antes para que poideran organizarse, e non o día antes….
Está claro que sempre fan o que eles queren sen pensar nos demáis, non lles importa si tes con quen deixar o neno/a ou no…. eles fan… logo tí búscate a vida como poidas

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.