Nota da ACP sobre a Escola Infantil Municipal de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Xa é coñecida a crítica desta agrupación porque a gardería municipal leva pechada dende o 1 de agosto pola nefasta xestión do goberno local ao demorarse a nova adxudicación do servizo á empresa adxudicataria logo de rematar as tarefas a empresa anterior. Había uns 17 nenos/as que ían a acudir en agosto á escola infantil e os seus pais con decepción tiveron que atoparr unha solución de emerxencia para coidar aos seus fillos xa que o anuncio do peche por parte do concello foi só dous días antes de producirse (o 30 de xullo). Houbo numerosas queixas porque se isto é o que fai o goberno para conciliar a vida laboral e familliar como continuamente anuncia, apaga e ímonos.

Pero é que o día 1 de agosto, a concelleira Cecilia Tarela manifestou, con motivo da entrega das chaves da gardería por parte da antiga empresa, que a escola ía abrir o 19 de agosto, pero con sorpresa desagradable para todos isto non vai ser así, porque dende o concello se está a chamar aos pais para dicirlle que a apertura será o 26 de agosto no mellor dos casos. Agora non son cuestións burocráticas como dícia o noso goberno, agora é, ao parecer, que hai humidades no edificio que afectan ás paredes é que hai que corrixir.

A indignación de varios pais/nais vai en aumento, e ninguén entende porque nestes días de agosto estivo o edificio pechado e sen actividade e descobran agora o problema das humidades.

A ACP considera lamentable todo o que está a suceder neste tema da escola infantil e así manifesta:

1. Que non sabemos a que ven este obscurantismo na xestión e porque non se lle explica á oposición o que está a suceder. Só somos convocados para actos protocolarios sen máis.

2. Que demandamos información do que está a suceder coa subrogación dos contratos das traballadoras que pasan da antiga empresa á nova con todos os dereitos e quen vai abonar ás traballadoras a nómina de agosto coa gardería pechada.

En fin; que estamos cun goberno totalmente inoperante cun alcalde practicamente invisible, cun concelleiro de educación e servicios sociais desaparecido nesta tema da escola infantil, e coa concelleira Cecilia Tarela que non é quen de solucionar este lío no que meteu ao concello.

Entre reunións de traballadoras e sindicatos na Casa do Concello, entre recursos de empresas presentados nas oficinas municipais e entre informes e consellos das asesorias pasamos este mes de agosto e mentres tanto a gardería continua pechada. Dos nenos e dos seus pais parece que ninguén se lembra. E son os grandes prexudicados.

Pontecesures, 14/08/08

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

Cara de cona · 15-08-2013 a las 16:54

Pero….pero…a que carallo foron o Roque o Cordo e a da Cocha o primeiro de agosto…….colleron as chaves da garderia….cruzaronse de brazos……e nin viron as humedades….e para eso cobran?……..esto da garderia e a tumba……e as empleadas….hum…..andan cun careto de medo……..que poñan a pancarta agora….jo…jo…jo…..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.