A voz de Borobó presideu onte en Boiro a homenaxe ó escritor e xornalista.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

bovi

A viúva de Borobó, Carlota Paz, estivo no acto.

Tres xóvenes actores fixeron unha lectura teatralizada da obra â??Quen matou ó Meco?â??

Numerosas persoas asistiron onte na casa de cultura de Boiro á homenaxe a Raimundo García Domínguez, Borobó, organizada polo colectivo cultural que leva o seu nome.

O acto consisteu nunha mesa redonda na que o catedrático da USC Claudio Rodríguez Fer, o historiador Xoán Guitián e o poeta e director do grupo de teatro Airiños de Rianxo, Xesús Santos, fixeron un achegamento á vida e personalidade do escritor (fillo adoptivo de Boiro).

Previamente, proxectouse un vídeo no que o propio Borobó facía un percorrido pola súa vida, recordando que era asiduo lector de xornais xa dende neno e que rematou a carreira universitaria en vísperas da Guerra Civil.

EL CORREO GALLEGO, 25/08/13

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.