Invitan a editar os â??Anacosâ?? de Borobó e facer a súa biografía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

borobo

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, reivindicou onte en Boiro una biografía sobre o escritor e xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, no acto organizado polo Club Exxpopress e O Faiado-2 con motivo do décimo aniversario da súa morte.

Alonso Montero invitou ós concellos de Pontecesures (donde se fixo onte unha ofrenda floral ante a tumba de Borobó) e Boiro a convocar un certame para acadar a mellor biografía de Borobó. O presidente da RAG dixo que sería bo momento para facelo en 2016, cando se cumplirán cen anos do seu nacemento.

Pola súa banda, o catedrático Luis Alonso Girgado, asesor literario do Centro Ramón Piñeiro, plantexou a conveniencia de editar os Anacos de Borobó, é dicir, os artigos que publicou na sección que con ese título tiña no xornal La Noche, que dirixeu e ó que pertenceu dende 1946 durante 20 anos. «Son moitos; non menos de oito mil. Pero pódense editar en volumes», dixo Girgado.

A secretaria xeral de Medios, Mar Sánchez, eloxiou a traxectoria de Borobó e tivo tamén un recordo para o recentemente falecido Enrique Beotas, referíndoseós dous como «mestres de xornalistas». María Antonia Iglesias, que non poudo asistir por raazóns de saúde, quixo chegar una emotiva mensaxe para a viúva de Borobó, Carlota Paz.

EL CORREO GALLEGO, 29/08/13


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.