Acuñada a moeda de Adro Vello, a primeira de curso legal que representou a translación do Apóstolo no século XII.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

traslatio

A alcaldesa en funcións de Santiago, Amelia González, recibiu unha reprodución da moeda de Adro Vello, que foi cuñada nun acto simbólico celebrado no Hostal dos Reis Católicos e organizado pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

A réplica realizada é de cobre de 22 milímetros, para realzar máis a súa forma. A cuñaxe simbólica practicouse cunha máquina manual sobre a que se fixo impactar un mazo que polo seu golpeo sela un cospel de cobre.

Ademais da alcaldesa en funcións e da concelleira María Pardo, asistiron ao acto o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; o presidente da Fundación, Javier Sánchez Agustino; o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez García; o profesor da USC José Ignacio Carro, e o director da Ruta Quetzal BBVA, Miguel de la Cuadra Salcedo. Este último, o conselleiro de Cultura e os alcaldes membros da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla recibiron reproducións da moeda.

Moeda do século XII
Acuñada a mediados do século XII, a moeda supón a máis antiga representación da Traslatio do Apóstolo Santiago. Mide 13 mm. de diámetro e está feita dunha aliaxe de prata e cobre. Data do reinado de Fernando II (1157-1188), un dos grandes impulsores da construción da Catedral de Santiago. Resulta significativo a representación da escena da Traslatio utilizando unha embarcación do Atlántico norte, o coñecido como o hulk.

No seu reverso, identifícase un león e a lenda «Ferdinandus Rex». No seu anverso, léese a inscrición «S Iacobi» a ambos lados dun mastro no que se recoñecen tres figuras: dúas cabezas e troncos cara a popa, e na proa unha terceira cabeza deitada.

A moeda atopouna o profesor da Universidade de Santiago de Compostela José Ignacio Carro Otero nunha campaña arqueolóxica realizada en 1985 nas escavacións de Adro Vello na localidade pontevedresa de O Grove.

EL CORREO GALLEGO, 17/09/13


1 comentario

NOMBRE · 13-08-2018 a las 20:54

Estoy un poco cansado de leer que la moneda la encontró el profesor Carro. ?l era el director de la excavación arqueológica.
LA MONEDA LA ENCONTR?, como bien dice el profesor, UNA CHICA Y ESTARÍA BIEN QUE SE RECONOCIESE DE SU NOMBRE.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.